O persoal de Refesa irá á folga en xaneiro se non hai acordo no convenio colectivo

Ferrol -
A remolcadora ten o convenio prorrogado dende 2013 e négase a asumir melloras na regulación da xornada e os salarios

Os traballadores/as de Costiña mobilizaranse polos continuos atrasos nos pagos

A Mariña -
O persoal da compañía luguesa concretará as protestas tras o Nadal

Convocan manifestación para esixir máis persoal no centro de saúde de Navia

Vigo -
A xunta de persoal do Chuvi e SOS Sanidade Pública apostan por reforzar a atención primaria

O Xulgado anula os despidos en Transegre por vulnerar o dereito de liberdade sindical

Pontevedra -
A firma pontevedresa ten que readmitir os dous afiliados da CIG que botara tras anunciar a súa candidatura ás eleccións sindicais

A CIG-Correos reivindica os “santos/as carteiros/as inocentes”

Compostela -
Desenvolveu unha ‘performance’ na zona vella compostelá para denunciar a indefensión do persoal

Intensa e ruidosa xornada de mobilizacións en Vigo por parte do ex persoal de GEA

Vigo-Pontevedra -
Desenvolveron protestas nos Xulgados e nunha das inmobiliarias que lles adebedan cartos

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía deixa de entregar a cesta do Nadal por primeira vez na súa historia

Vilagarcía -
Dende as centrais CIG e CCOO denuncian que a medida repercutirá negativamente no comercio local

Xa se pode visitar na Coruña a mostra "O Sindicalismo Galego na Transición (1972/1977)"

A Coruña -
No Pavillón de Estudantes da Universidade até o 13 de xaneiro

Halago Alimentaria: despropósito e improvisación empresarial ou novo Marsans

Compostela -
O persoal iniciará protestas en xaneiro, porque desde finais de outubro nin hai actividade produtiva nin proxecto alternativo

Ducias de solidarios/as rexeitan en Vigo o enxuizamento de 25 activistas saharauís

Vigo -
Organizacións sindicais, políticas e sociais esixen a anulación das condenas e a súa liberación

A CIG lanza unha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais

Nacional -
Haberá manifestación nacional o 28 de xaneiro e mobilizacións o 15 de febreiro e o 10 de marzo, sen descartar folga xeral en maio

O TSXG ratifica a sentenza que anula o primeiro ERE presentado por Sargadelos

A resolución chega seis anos despois de que se executasen os despedimento

Desconvocada a folga da empresa de transporte de residuos de Sogama tras chegar a un acordo

Nacional -
Foi ratificado por unanimidade pola asemblea de traballadores/as

Quizais quixo dicir:

Xornada nacional por pensións, emprego e salarios dignos (15/4/18)

Acontece

Traballadores/as e delegados/as sindicais de Povisa continuaron hoxe coas protestas para reclamar a negociación dun novo convenio colectivo, xa que o actual leva “conxelado” dende o ano 2010. Ademais, as centrais convocantes -CIG, CCOO e CGT-SGPS- denuncian que a dirección do hospital privado vigués está a aplicar reducións de xornada ao tempo que aumenta a carga de traballo, xa que o mesmo persoal ten que atender máis usuarios/as.

< Abril 2018  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Próximos acontecementos
Actualmente non hai eventos próximos