A CIG celebra o seu VII Congreso os días 27 e 28 de maio en Compostela baixo o lema “Coa CIG somos máis fortes”

Sábado 27 Maio 2017 09:00h Santiago de Compostela

A Confederación Intersindical Galega celebra a vindeira fin de semana, 27 e 28 de maio, o seu VII Congreso, no Pazo de Congresos de Santiago, baixo o lema “Coa CIG somos máis fortes”. Un Congreso que foi presentado en rolda de prensa e no que está prevista a participación dun total de 706 delegados e delegadas que elixirán á nova Executiva Confederal e acordarán as liñas de traballo que rexerán a acción sindical no vindeiro período.

O secretario xeral, Suso Seixo, anunciou ademais que está pactada unha candidatura unitaria para a Executiva Confederal, encabezada por Paulo Carril, ademais de todos os cargos. En todo caso matizou que o Regulamento precongresual contempla a posibilidade de que se presenten candidaturas até 48 horas antes de comezar o Congreso. “Pensamos que non se van presentar pero, en calquera caso, hai que agardar aos prazos que fixa a normativa que temos establecida para ver se finalmente hai máis candidaturas que unha”, explicou.


Volver

Calendario

< Outubro 2017 Novembro 2017  
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30