Mobilización contra a anulación da ILP pola tarifa eléctrica galega

Luns 04 Decembro 2017 10:00h Santiago de Compostela

A CIG mobilizarase este 4 de decembro diante do Parlamento de Galiza coincidindo co pleno no que o Partido Popular laminará definitivamente a ILP por unha tarifa eléctrica galega, baleirándoa de contido e mesmo pasando a chamala “Lei de eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica”.

Para a CIG é inadmisíbel que o PP fulmine deste xeito unha Iniciativa que tiña o obxectivo de articular medidas para garantir a enerxía como servizo público para o desenvolvemento económico e industrial de Galiza, como un dereito universal de todas as persoas ao benestar social e contra a pobreza enerxética.


Volver

Calendario

< Novembro 2017 Decembro 2017  
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31