Mobilizacións contra a Lei de Fomento Empresarial da Xunta

Martes 03 Outubro 2017 Galiza

Diante das graves consecuencias que terá a aprobación -pola vía de urxencia- da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais que o Partido Popular pretende impor en Galiza, a CIG ten convocadas asembleas de delegados/as e concentracións para mañá martes día 3 de outubro en todas as comarcas.

A central sindical pretende así avaliar o alcance desta medida coa que o Goberno de Feijóo pretende facilitar, mesmo con subvencións públicas, que empresas de fóra asalten o noso territorio -aínda que teñan custos ambientais e sociais- mentres deixa ao pairo os nosos sectores produtivos.

Horas e lugares das concentracións

A CORUÑA : Ás 12.30 horas diante do edificio da Xunta de Galiza en Monelos.

FERROL : Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza.

COMPOSTELA: ás 12.30 na praza de Galiza.

LUGO : ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza.

OURENSE: ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta( edificio do chocolate).

PONTEVEDRA: ás 12:30 na praza da Peregrina.

VIGO : Manifestación ás 11.45 horas desde a rúa Vázquez Varela até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo.


Volver

Calendario

< Novembro 2017 Decembro 2017  
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31