24-N, xornada de loita contra LOMCE e as reválidas

Xoves 24 Novembro 2016 12:00h Galiza

Este xoves 24 de novembro terá lugar unha xornada de loita contra LOMCE e reválidas na que estudantes, colectivos de pais e nais e profesorado se mobilizarán en vilas e cidades galegas para a retirada definitiva da reforma impulsada polo PP, á que acusan de "elitizadora, privatizadora e españolizadora".

Á mañá, diferentes concentracións e manifestacións estudantís convocadas por Erguer sulcarán a nosa xeografía a partir das 12 horas, para dar lugar no serán ás protestas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG, a partir das 19 horas.

XORNADA DE MAÑÁ - FOLGA ESTUDANTIL CONVOCADA POR ERGUER

Manifestacións ás 12h desde:

cartel

  • Compostela: Alameda
  • A Coruña: praza da Palloza
  • Ferrol: edificio da Xunta
  • Lugo: praza do Seminario
  • Ourense: subdelegación do Goberno
  • Pontevedra: praza da Peregrina
  • Vigo: praza de América
  • Melide: IES de Melide
  • Ribeira: IES nº1 de Ribeira
  • Ponteareas: baixada aos IES
Concentracións ás 12h en:
  • Boiro: praza do Concello
  • O Barco: praza do Concello
  • Caldas: Carballeira
  • Cangas: IES María Soliño
  • Moaña: IES As Barxas
  • Vilagarcía: praza de Galiza

 

 

XORNADA DE TARDE - CONCENTRACIÓNS DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Concentracións ás 19 horas en: cartaz
  • Pontevedra: praza da Peregrina
  • Compostela: praza Roxa
  • Vigo: Farola de Urzáiz
  • Lugo: diante do IES N.S dos Ollos Grandes
  • A Coruña: praza de Pontevedra (diante do IES E. da Guarda)
  • Ferrol: praza de Amada García (diante do edificio da Xunta)
  • Ourense: xardíns do Padre Feixóo
Concentracións ás 19:30h en:
  • Carballo: praza do Concello
  • Cee: praza 8 de Marzo
  • Vilagarcía: praza de Galiza

Volver

Calendario

< Xaneiro 2018 Febreiro 2018 Marzo 2018 >
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28