A CIG acusa a CCOO de “mentir, falsear e confundir” sobre o convenio estatal da conserva que se vén de asinar

Vigo -
Dende a central lembran que foi o propio sector o que decidiu en asemblea ratificar o acordo

Traballadores/as das ambulancias secundan unha xornada de folga en demanda dun convenio digno

A Coruña -
Con motivo da xornada de paro, o persoal realizou accións reivindicativas en todas as cidades

A CIG convoca folga no sector das ambulancias en protesta pola parálise patronal na negociación do convenio

A Coruña -
O paro desenvolverase este venres, 23 de setembro, e afecta a todo o persoal do transporte sanitario urxente e non urxente de Galiza

A CIG reclama a readmisión dos despedidos en Transegre cunha marcha a pé en Pontevedra

Vigo -
A empresa de transporte prescindiu de dous traballadores por concorrer ás eleccións sindicais na candidatura da central

A CIG convoca unha marcha a pé en Pontevedra para reclamar a readmisión dos despedidos en Transegre

Vigo -
A mobilización arrincará do pavillón de deportes ás 10.00h e rematará en Avícola de Galicia

As centrais retoman as mobilizacións a prol do indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Vigo -
A CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha nova concentración solidaria onte en Vigo

Organizacións sindicais e colectivos do mar presentan alegacións ao borrador de Decreto para a Ordenación do Espazo Marítimo

Vigo -
Denuncian que centraliza a capacidade de decisión do Estado e constitúe un novo intento de introducir a piscicultura na costa galega

A CIG gaña as eleccións sindicais en Acuidoro, SL

A Coruña -
A central nacionalista obtivo tres dos cinco membros que integrarán o Comité desta piscifactoría de Cervo

O persoal de ambulancias consegue a equiparación de xornada e salarios en Ambuibérica

Compostela -
De media redúcese a xornada nunhas 80 horas ao mes, con incrementos salariais de 30€ o mes nuns casos e até 400€ nalgún outro

O sector de ambulancias da área sanitaria de Compostela mobilizarase durante a campaña se non se unifican as condicións laborais

Compostela -
A primeira mobilización está prevista para o vindeiro mércores, día 7 de setembro, ás 11:00 horas, na entrada do Hospital Clínico

Técnicos/as sanitarios/as da FGAMT-CIG inciden en reclamar unha ambulancia medicalizada para o Salnés

Vigo -
Mantiveron unha xuntanza co BNG para analizar o déficir de atención sanitaria na comarca

A CIG presenta unha denuncia contra Transegre por vulneración do dereito de liberdade sindical

Vigo -
A empresa con sede en Pontevedra impediu a participación da central no proceso para escoller delegados

Suspenden a folga indefinida en Ambunova tras lograr a rescisión do contrato coa empresa e a subrogación de todo o persoal

Vigo -
O paro fora convocado no servizo de transporte sanitario non urxente das comarcas de Santiago e do Barbanza polos atrasos e impagos de salario

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).