Seguimento total no primeiro día de folga indefinida en Urbanos de Ourense contra a precarización laboral

Ourense -
O persoal forzou unha reunión co alcalde cunha protesta no Concello, pero a empresa négase a negociar

Mobilízanse contra a ampliación da xornada que pretende impoñer a nova dirección de Clesa

Caldas de Reis -
A empresa de Caldas de Reis está a incumprir a promesa de facer fixo o persoal temporal e de ETT

O comité de Vitrasa promoverá folga indefinida ante a rebaixa salarial que pretende impoñer a empresa

Vigo -
A decisión deberá ser ratificada polo cadro de persoal na asemblea que terá lugar o sábado 7 de maio

Persoal de Vertifil concéntrase diante da empresa pola readmisión dun compañeiro despedido

Moraña -
Temen que este sexa o primeiro dunha cadea deles, mentres aumenta a carga de traballo

A CIG-Vitrasa rexeita a rebaixa salarial e insta o Concello a rescindir o contrato coa empresa se incumpre o convenio

Vigo -
Dá por esgotada a vía da negociación e promoverá mobilizacións

O TSXG desestima o recurso de Pescanova contra a anulación da sanción a unha traballadora que denunciou acoso sexual e laboral 

O Porriño -
A sentenza recoñece a vulneración do deber de protección e ratifica indemnización por dano moral

A concesionaria do bus urbano de Ourense rexeita negociar mentres haxa folga convocada malia ter solicitado a mediación

Ourense -
O inicio do paro indefinido, previsto para o día de onte, tivo que ser adiado para o vindeiro 3 de maio 

Un grupo de traballadoras/es de Atunlo O Grove clama pola readmisión de 14 compañeiras/os

O Grove -
Desenvolveron unha protesta convocadas/os pola FGAMT-CIG para rexeitar os despedimentos

Folga indefinida nos buses urbanos do Concello de Ourense pola precarización das condicións laborais

Ourense -
A concesionaria quere recortar dereitos e négase a negociar un convenio colectivo digno

A CIG convoca protestas para rexeitar os despedimentos inxustificados na empresa Atunlo O Grove

O Grove -
Este martes día 12 terá lugar unha concentración diante da compañía de 14:00 a 15:00 horas

A CIG insta a negociar de inmediato o convenio do transporte de viaxeiros/as por estrada de Lugo

Lugo -
As negociacións están paralizadas dende hai tres anos

Folga en Ambulancias Civera, concesionaria do transporte programado en Pontevedra-O Salnés, ante os graves incumprimentos da empresa

Pontevedra/O Salnés -
Haberá paro os días 5, 7, 19 e 21 de abril, e será indefinido dende o 1 de maio se o Sergas non intervén

O Sergas vulnera de novo o dereito de folga do persoal de Ambulancias do Atlántico na área de Vigo

Vigo -
Fixou servizos mínimos abusivos, como xa decretara o TSXG en 2019

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).