O comité de Vitrasa recibe expedientes sancionadores relacionados coas convocatorias de folga

Vigo -
Tamén censura que a dirección “está a facer trampas” cos servizos mínimos, tal e como constatan as sancións da Inspección de Traballo

Novas protestas no transporte sanitario non urxente de Pontevedra-Salnés para que a concesionaria cumpra os acordos

Pontevedra/O Salnés -
O cadro de persoal de Ambulancias Civera desenvolverá unha concentración este martes 10 na entrada do hospital Provincial de 10:30 a 11:30 horas

Unhas 500 persoas mobilízanse en Vigo en solidariedade coa loita do persoal de Vitrasa

Vigo -
A práctica totalidade do persoal secundou a primeira xornada de paro de 24 horas para reclamar un convenio digno e un servizo de calidade

A CIG reclama máis medios no transporte sanitario do 061 en Pontevedra-O Salnés de cara ao próximo concurso

O Salnés/Pontevedra -
Denuncia que os recursos case non se incrementaron en máis dunha década a pesar do aumento da poboación e do número de actuacións

Delegados/as da CIG en Nueva Pescanova abordan en asemblea o ERE para 100 traballadoras/es

Vigo -
A representación sindical de Chapela, Arteixo, O Porriño, Xove e Mougás celebrou un encontro onte en Vigo no que participou a secretaria nacional da FGAMT

O comité de Vitrasa convoca mobilizacións indefinidas para forzar unha solución ao conflito

Vigo -
Desenvolverá paros parciais e xornadas de folga a partir do vindeiro luns 18 de setembro

A CIG revalida a súa maioría absoluta en Leche Celta SLU no seu centro de traballo de Pontedeume

Pontedeume -
A central sindical impúxose nos dous colexios conseguindo 6 delegadas electas fronte a 3 de UGT

CAPSA recoñece o cálculo incorrecto do “plus de inspección” no centro de traballo de Robra

Lugo -
A CIG considera que se trata dun “novo incumprimento”, que se engade ao de non efectivizar a revisión salarial pactada

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).