Desconvocada a folga do trasporte urbano de Compostela no Son do Camiño, tras da resposta do concello

Compostela -
Os sindicatos advirten da volta ao conflito se a nova adxudicataria divide o cadro de persoal

Nova protesta pola readmisión das candidatas da CIG en Tato Pesca, que continúa coa represión laboral e sindical

Pazos de Borbén -
Hoxe tivo lugar unha manifestación en Pazos de Borbén para rexeitar a persecución dunha encargada ás persoas que apoian a central

O persoal de Vitrasa continuará cos paros parciais para reclamar unha mellora das condicións de traballo

Vigo -
Darán comezo este martes 6 e continuarán os días 8, 9, 12, 16, 19 e 21 de xuño de 7:00 a 8:30 e de 13:30 a 15:00 horas

A CIG faise coa maioría absoluta en Amazon do Porriño a primeira vez que se escolle representación en Galiza

O Porriño -
A central obtivo 4 dos 5 delegados/as no comité de empresa

O malestar do persoal do transporte urbano de Santiago polos pregos do concurso podería rematar en folga coincidindo co festival Son do Camiño

Compostela -
Os traballadores/as esixen que se lles contrate por unha única empresa e que non se lles divida no caso de ser unha UTE a adxudicataria

Rexeitan a oferta de Vitrasa de adiantar 500 euros por traballador/a a cambio de desconvocar a folga

O comité considera a proposta totalmente insuficiente, sobre todo tendo en conta que a dirección se nega a negociar as reivindicacións de tipo social

A CIG esixe unha investigación “seria e rigorosa” sobre as causas do naufraxio do 'Villa de Pitanxo'

Marín -
Denuncia que o Goberno español, a Xunta e a xudicatura “van a remolque dos acontecementos” dende que se produciu o suceso

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).