As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves 20

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG, fai un chamamento a participar no paro

Vigo -

As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves día 20, xornada na que tamén se celeberarán manifestacións por todo o país. Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, fai un chamamento os centros e o profesorado para que faciliten a participación do estudantado no paro e nas mobilizacións.

Segundo explicaron as organizacións convocantes, a folga ten como obxectivo denunciar os recortes na educación e as consecuencias que traerá consigo a aplicación da LOMCE polo que ten de “privatizadora, clasista, confesional, españolizadora e uniformizadora”, que non son outras que o desmantelamento do ensino público galego.

Diante disto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anima ao profesorado a que, na medida das súas posibilidades, tamén participe nas mobilizacións convocadas.

Lugares e horarios das manifestacións:

-Santiago de Compostela: Alameda, ás 12.00

-A Coruña: Praza de Vigo, ás 12.00

-Lugo: Edificio Intercentros, ás 11.30, e na Horta do Seminario, ás 12.00

-Ferrol: Praza de España, ás 12.00

-Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura Territorial de Educación), ás 12.00

-Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 1200

-Vigo: Praza América, ás 12.00

-Carballo: Praza do Concello, ás 12.00

-Cee: Praza 8 de Marzo, ás 12.00

-Ribeira: diante da estación de autobuses, ás 12.00

-Moaña: diante do edificio do Concello, ás 1200

-Noia: Diante do IES Virxe do Mar, ás 12 .00

-Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera, ás 12.00

-Pontedeume: porta do I.E.S. Breamo, (ás 10.00)

-Ribadeo: diante do IES de Ribadeo, ás 12.00

-Sarria: Praza da Vila, ás 12.00

-Verín: Avda. de Portugal-Diante IES Xesús Taboada Chivite, ás 12.00

-Vilalba: Praza da Constitución, ás 12.00

-Vilagarcía: Praza de Galiza, ás 12.00