CIG-Valdeorras organizou unha xornada técnica de prevención de riscos na extinción de incendios forestais

Dirixida a persoal funcionario e laboral e de cinco horas de duración

Vigo -

A Unión Local de Valdeorras da Confederación Intersindical Galega organizou este venres 22 de outubro unha xornada técnica de cinco horas de duración sobre a prevención de riscos asociados ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais. A sesión formativa estaba dirixida a persoal funcionario e laboral.

A xornada estivo dirixida tanto a persoal funcionario como laboral dependente do Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural.

Ao remate da mesma abriuse unha quenda de debate para que os participantes puidesen expresar as súas dúbidas e consideracións acerca do tema.