Delegados/as do Metal e representantes da CIG na comarca de Ourense concéntranse na ITV en solidariedade co delegado despedido

Antonio Rosales foi acusado por Supervisión y Control, empresa concesionaria do servizo, de facer un uso excesivo das horas sindicais na negociación do convenio

Vigo -

Delegados/as do Metal e representantes da CIG na comarca de Ourense concentráronse diante da estación da Inspección Técnica de Vehículos situada no parque empresarial de Pereiro de Aguiar en solidariedade con Antonio Rosales, delegado do comité despedido por Supervisión y Control (SyC), empresa concesionaria deste servizo en Galiza.

Durante a protesta convocada para esixir a readmisión do compañeiro berráronse consignas de apoio e repartíronse follas infomativas nas que se lles explicaba os usuarios da estación os motivos polos que foi despedido.

A campaña de mobilizacións contra este novo caso de represión sindical incluiu concentracións solidarias nas estacións de servizo da provincia de Pontevedra e dúas xornadas de folga parcial nas de todo o país.