CIG-Industria denuncia a parálise nas negociacións para a industria auxiliar

Ferrol -
Considera que os argumentos dados para esta demora son artificiosos

Os traballadores/as de Veolia ratifican o convenio de centro de traballo que iguala as condicións laborais

Vigo -
O persoal do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro logrou a equiparación co do Sergas

O persoal de Ferroatlántica amosa o seu rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende impor

Cee -
Este mércores continuaron as mobilizacións na fábrica de Cee

A candidatura da CIG, a máis votada nas eleccións de Quirón Prevención nos estaleiros de Ferrol

Ferrol -
A empresa realiza tarefas de extinción de incendios e prevención de riscos para Navantia

O persoal de Ferroatlántica continúa as concentracións en Cee contra a negociación do acordo marco

Cee -
Non descartan a folga se a empresa teima en sacar adiante o pacto para liquidar os actuais convenios

A CIG en Navantia Ferrol teme que as inversións para a modernización do estaleiro corran perigo

Ferrol -
A dirección informou que estuda agora unha solución menor ao gran proxecto 'Estaleiro 4.0'

Traballadores/as de Forestal del Atlántico mobilízanse para esixir a readmisión dun compañeiro

Mugardos -
A representación social entende que o despedimento ten carácter exemplarizante

A CIG-Navantia Ferrol valora de xeito positivo o acordo para abonar as asimilacións pendentes

Ferrol -
Recupérase así a aplicación íntegra do III Convenio Colectivo

A CIG esixe a Ferroatlántica e ás centrais estatais que desistan da negociación do Acordo Marco para substituír os convenios de empresa

A Coruña -
A CIG promoveu e apoiou a protesta realizada polo persoal na fábrica de Brens (Cee)

O persoal de mantemento do CHUO convocará unha xornada de paro se Ferrovial segue a incumprir o convenio

Ourense -
Tras gañar no Xulgado as horas de nocturnidade agardan cobrar os atrasos e actualizar as nóminas

Desconvocan a folga no mantemento do Álvaro Cunqueiro tras garantir a ultractividade do convenio

Vigo -
O cadro de persoal de Veolia, concesionaria do servizo, tamén logrou a equiparación co do Sergas

O comité de Viza denuncia que a dirección obrigou o persoal a traballar un día máis do pactado en convenio

O Porriño -
Os delegados/as da empresa de automoción mobilizáronse nas instalacións do Porriño

Convocada unha xornada de folga no concesionario Mosa de Ourense polo bloqueo das negociacións do convenio

Ourense -
Os traballadores/as decidiron en asemblea desenvolver un paro o vindeiro 29 de decembro

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.