Persoal de Baliño mobilízase pola readmisión dunha compañeira despedida estando de baixa

Vigo -
Desenvolveu unha concentración diante da Cámara de Comercio en Vigo, xa que esta compañía do sector naval é propiedade do seu presidente

A CIG mobilizarase pola parálise do convenio do metal da provincia de Pontevedra

Vigo -
Celebrará tamén unha asemblea previa o vindeiro 11 de maio en Vigo para abordar o estado de bloqueo das conversas por parte da patronal

As contratas de GKN protestan pola represión sindical e contra o despido dun compañeiro de Metalmos

Vigo -
A concentración coincidiu cunha nova protesta do persoal da empresa de automoción para reclamar a retirada dos tornos

Desconvocan a folga en Constellium tras un acordo para regular as categorías que supón melloras salariais

O Porriño -
A asemblea de traballadores/as da empresa do Porriño aceptou o sábado as condicións pactadas o venres polo comité e a dirección

Traballadores/as dos sectores do metal de Lugo saen á rúa para reclamar convenios dignos

Lugo -
As centrais anuncian a convocatoria de tres xornadas de folga no mes de maio

O persoal da recollida do lixo do Salnés urxe a introducir unha cláusula de revisión salarial nos pregos do concurso

O Salnés -
Os traballadores/as de Valoriza, concesionaria do servizo, mobilizáronse onte en Cambados coincidindo coa asemblea de delegados/as da CIG

O persoal de Ganomagoga acepta substituír o ERE por un ERTE mentres se leva a cabo a venta do grupo

Vigo -
As asembleas de traballadores/as aprobaron a proposta do administrador concursal, que lles presentou até oito ofertas de compra

A CIG-Industria de Ourense solidarízase cun delegado de Viaqua apercibido de sanción

Ourense -
Desenvolveu unha concentración coincidindo coa mediación no SMAC

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.