A CIG-Industria logra a maioría absoluta nas eleccións sindicais de Faurecia Ourense

Ourense -
A central sindical obtivo 8 dos 13 representantes do comité de empresa

A CIG-Industria de Ourense clama contra a represión sindical no grupo de automoción Pérez Rumbao

Ourense -
Mobilizouse diante dunha gasolineira propiedade da empresa tras celebrar unha asemblea de delegados/as para abordar o recente despido de tres traballadores/as

A CIG-Industria de Ourense mobilizarase contra a represión sindical en Pérez Rumbao

Ourense -
Desenvolverá unha concentración nunha gasolineira propiedade do grupo tras celebrar unha asemblea de delegados/as para abordar o despido de dous traballadores e dunha traballadora

O comité de XEAL e a CIG exixen responsabilidades políticas pola perda do Práctico da ría de Corcubión

Cee -
Alertan das graves consecuencias que terá para a industria da Costa da Morte

A CIG-Industria de Ourense faise coa maioría da representación en Hispamoldes

Ourense -
A central logrou 2 dos 3 delegados/as de persoal que se escollían a pesar das inxerencias do responsábel de recursos humanos

O persoal de Ilunion baralla convocar folga en defensa dos seus dereitos

Vigo -
As protestas contra a precariedade e a explotación continuarán este xoves 1 e o 15 de decembro diante da sede da ONCE en Vigo

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.