Pérez Rumbao de Ourense despediu un afiliado da CIG para alterar as eleccións, coa complicidade da UGT

Ourense -
A CIG-Industria mobilizarase contra a represión sindical na empresa do sector da automoción

​ O naval galego para e bótase á rúa para denunciar un novo “asasinato” pola precariedade laboral

Vigo -
​ Vigo acolleu unha masiva manifestación, na que tamén participou persoal de Marín, e houbo concentración de apoio en Navantia

O naval vigués parará este venres para mobilizarse en solidariedade co operario falecido no estaleiro Cardama

Vigo -
A marcha rematará na Xunta para esixir que se retomen as mesas do sector, como a de prevención de riscos, que leva 12 anos sen convocarse

A CIG amplía a maioría absoluta no comité de Senior, contrata de loxística de GKN en Vigo

Vigo -
A central pasa de 3 a 4 delegados, CCOO conserva 1 e UGT queda sen representante

“Grupo ONCE, escoita, estamos en loita!”

Vigo -
Persoal de Ilunion clama contra a precariedade e a explotación laboral nos centros especiais de emprego

O persoal de Ilunion retomará as protestas contra a precariedade e a explotación das persoas con capacidades distintas

Vigo -
A representación da CIG no comité convoca concentracións diante da sede da ONCE en Vigo os días 8, 10, 17 e 24 de novembro ás 10:45 horas

Arranca a folga do persoal de INDASA en defensa dos seus empregos e o dereito á subrogación

Ferrol -
Estes traballadores encárganse do mantemento das cabinas de pintado e chorreo de Navantia

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.