A CIG reclama que se manteña a capacidade de evacuación e iniciar xa os concursos de transición xusta de Meirama e As Pontes

As Pontes/Cerceda -
A central tamén demandará na reunión do Comité Executivo de Enerxía a convocatoria dos concursos para novas concesións de auga para proxectos industriais

O persoal de BorgWarner mobilízase polo incumprimento do convenio e do plan de igualdade

Desenvolveu unha concentración este mediodía diante do centro de traballo de Zamáns (Vigo) para rexeitar a actitude da dirección

Traballadores/as de Ilunion claman en Ourense pola readmisión de sete compañeiros/as

Ourense -
Desenvolveron unha mobilización diante da sede da ONCE para rexeitar o despido de parte do persoal da operativa de Faurecia

Convocan mobilizacións contra o despido de sete traballadores/as de Ilunion en Ourense que se atopaban de baixa

Ourense -
O centro especial de emprego do grupo ONCE decidiu prescindir de persoal da operativa da empresa de automoción Faurecia

A CIG-Industria solidarízase co traballador de GRI Towers do Carballiño sancionado pola empresa

Ourense -
A central acusa a compañía de poñer en marcha unha campaña de represión sindical tras a folga do ano pasado para reclamar un convenio digno no siderometal

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.