A actividade en Leche Celta continúa paralizada na 2ª xornada da folga indefinida

O persoal mantivo unha concentración na factoría de Meira

Meira -

Na segunda xornada de folga indefinida, a actividade na planta de Leche Celta en Meira continúa totalmente paralizada, non entrando recollida de leite nin saíndo da factoría produto envasado. Ao igual que nas xornadas anteriores, o seguimento da folga é completo e para dar máis visibilidade ao conflito, o persoal mantivo unha concentración diante da factoría dende as 12 ás 14 horas.

A folga segue adiante e para o vindeiro luns xa está programada unha manifestación, que sairá de Leche Celta ás 12:15 horas, percorrerá as principais rúas de Meira e rematará novamente diante da factoría cunha concentración.

Nestes momentos, explica o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña,non existe ningún contacto coa empresa, que prefire asumir os elevados económicos de desviar a recollida de leite e de non atender os compromisos co seu único cliente, antes que valorar unha mellora nas condicións laborais e salariais do seu  persoal, que lles permita equipararse coas condicións que xa teñen os compañeiros e compañeiras da planta de Leche Celta en Pontedeume. 

Volver