A Enquisa de Poboación Activa (EPA) referida ao segundo trimestre de 2017 confirma a alarmante precarización do mercado de traballo, derivada das políticas laborais aplicadas nos últimos anos. Como é habitual no segundo trimestre de cada ano, rexístrase un incremento da ocupación relacionada coas contratacións para o período estival. De aí que o maior medre do emprego se dea no sector servizos e na construción -no que se aproveitan a climatoloxía favorábel do verán para realizar obras-.
Porén, para a CIG resulta especialmente preocupante a continuada perda de poboación activa. Neste último trimestre a poboación activa caeu en 500 persoas, pero se comparamos os datos co mesmo período do ano anterior vemos que hai 6.600 activas e activos menos. Este é un dos grandes problemas do mercado de traballo.
A isto hai que engadir que o 83% dos/as novos/as ocupados teñen un contrato temporal e de escasa duración, pois no 50% dos casos (onde a priori se sabe a duración do mesmo), o contrato de traballo é de un a tres meses; é dicir, están feitos exclusivamente para o período estival. Incluso nos sectores onde medra a ocupación, esta ten un carácter temporal. Se comparamos as cifras co segundo trimestre do pasado ano, hai 4.000 asalariados/as menos con contrato indefinido e, pola contra, 14.000 asalariados/as máis cun contrato temporal.
Tampouco hai que perder de vista que existen 68.000 familias (con algunha persoa activa) que teñen a todos os seus membros no paro. Estas cifras dan conta da enorme cantidade de poboación que se atopa en risco de exclusión social.
O PP, o goberno das cifras que esquece as persoas
O Secretario Confederal de Emprego e Industria da CIG, Francisco Xabier Cartelle, denuncia que os datos da EPA reflicten o fracaso da política de emprego do PP, pois detrás dos discursos triunfalistas, estase consolidando un mercado laboral precarizado, caracterizado pola elevada rotación, os baixos ingresos, a falta de estabilidade, a perda de dereitos e un aumento alarmante da pobreza.
Neste senso, Cartelle defende a necesidade de mudar a cantidade pola calidade: "o PP é o goberno das cifras que esquece as persoas. Sempre destaca os números, pero é preciso que os números vaian acompañados de dereitos e calidade dos postos de traballo; e polo tanto de calidade de vida das traballadoras e traballadores deste País".
Fronte ás políticas neoliberais aplicadas até o de agora, o Secretario Confederal de Emprego da CIG subliña a necesidade de que Galiza conte con autogoberno "para poder desenvolver políticas económicas e laborais que posibiliten acadar un mercado laboral con postos de traballo, salarios e condicións dignas, que supoña a inclusión no mesmo da mocidade (o desemprego xuvenil aumentou até o 48%) e que tire da exclusión social a milleiros de familias deste País".
Principais resultados. Datos en miles
|
|
Total
|
Evolución
|
|
|
|
2016/II
|
2017/I
|
2017/II
|
Trimestral
|
Anual
|
|
Total
|
2.349,50
|
2.347,30
|
2.343,90
|
-3,40
|
-5,60
|
|
Activos
|
1.256,90
|
1.250,80
|
1.250,30
|
-0,50
|
-6,60
|
|
Poboación ocupada
|
1.034,00
|
1.033,60
|
1.048,90
|
15,30
|
14,90
|
|
Poboación parada
|
222,9
|
217,1
|
201,5
|
-15,60
|
-21,40
|
|
Inactivos
|
1.092,50
|
1.096,60
|
1.093,60
|
-3,00
|
1,10
|
Fonte: EPA.IGE