A CIG-Abante denuncia a desidia da empresa para garantir unhas condicións mínimas de seguridade e saúde no traballo

A Sección Sindical subliña que as temperaturas no centro de traballo resultan totalmente insoportábeis no verán

A Coruña -

A Sección Sindical da CIG en Abante B.P.O. Lugo, a empresa máis grandedo sector de centros de chamadas na provincia, volveu denunciar “a absolutadesidia e desinterese da empresa” á hora de abordar e solucionar os problemas relativosás condicións ambientais e niveis de iluminación en todo o centro de traballo.

Neste senso, subliñan que as condicións de temperatura son deficientes durante o inverno, “pero convértense en insoportábeis durante os meses de verán, cando as temperaturas que se rexistran nos postos de traballo incumpren con moito a marxe estabelecida pola lexislación vixente”.

A Sección sindical da ClG xa denunciou a finais de xuño ante a Inspección de Traballo estas condicións e requiriron á empresa a urxente solución destes problemas a través da aplicación de medidas preventivas definitivas. Mais tamén se demandou a adopción de medidas preventivas transitorias ou temporais de cara á tempada estival, xa iniciada.

“A triste realidade é que con xa medio verán pasado, a empresa continúa no máis absoluto inmobilismo, sen adoptar medidas nin definitivas nin transitorias, escudándose en desculpas de mal pagador, e amosando un absoluto desinterese na resolución dos mesmos, obrigando aos traballadores e traballadoras a traballar en condicións absolutamente insoportábeis”, critican.

Fronte a esta desidia, advirten que no caso de que a empresa non adopte medidas, desde a ClG levaranse a cabo “todas as medidas legais e de presión que poidamos para reverter esta situación. Non é de recibo que unha empresa cun centro de traballo que ten arredor de 400 persoas (entre o cadro de persoal propio e ETT)  se manteña absolutamente á marxe da legalidade en materias tan importantes como son as emerxencias e as condicións ambientais e niveis de iluminación”.

Volver