A CIG celebra os días 11, 12 e 13 de agosto a III Homenaxe ás vítimas do franquismo en Monterrei

Verín -

Tras as homenaxes celebradas nos anos 2011 e 2015, a Unión Local da CIG de Verín e A Limia organiza a III Homenaxe ás vítimas do franquismo na comarca de Monterrei, os próximos días 11, 12 e 13 agosto. O programa inclúe, ademais do propio acto de homenaxe o domingo 13, a presentación dos libros “O futuro é para sempre” e “Os nomes do terror” e a estrea do filme “O silencio”.

Consulta as horas e lugares no programa de actos.

Volver