Alerta feminista: convocadas concentracións en repulsa á violencia machista

Este mércores 23 de agosto, ás 20 horas, nas sete cidades, Marín e Bertamiráns

Nacional -

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 23 de agosto, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de M.A.A.G a mans do seu ex-xenro, que intentou tamén secuestrar á súa filla de 21 meses. 

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Así mesmo, con esta xornada nacional de loita en varias vilas e cidades do país, quérese denunciar un sistema patriarcal onde os fillos e as fillas das mulleres maltratadas son vítimas directas da violencia machista; que en demasiadas ocasións os maltratadores usan aos seus fillos e fillas para facer un dano irreparábel á muller; que a  violencia machista é contra toda a sociedade  e que as solucións son colectivas.

Lugares das concentracións, ás 20 horas:

-A Coruña, Obelisco

-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño

-Ourense, Castañeira

-Pontevedra, Audiencia Provincial

-Lugo, na Praza do Concello

-Vigo, no Marco

-Ferrol, diante do Concello

-Bertamiráns, Praza da Maía

-Marín, diante do Concello

Volver