A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para a tarde deste venres, 20 de decembro, en varias localidades do país en repulsa ao feminicidio de Rejane Soares en Viveiro. Este é o terceiro crime machista que se rexistra en Galiza en apenas tres meses. O pasado 13 de novembro saímos á rúa para denunciar o asasinato de Estela Blanch en Baiona e o 7 de outubro o de Fadoua Akkar en Moaña.
A CIG insta a visibilizar nas rúas o rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.Unímosnos ao rexeitamento da violencia machista para que ningunha agresión quede sen resposta porque non podemos asumir que os feminicidios son inevitábeis.
Debemos exixir todos os medios precisos para garantir unha vida sen violencia para todas as mulleres, alertar de que o machismo mata e erguer as nosas voces para que o silencio non nos faga cómplices.
02 Feb 2026
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.