Na reunión do Consello Galego de FP celebrada hoxe, a CIG-Ensino volveu pedir a dimisión da directora xeral quen confirmou que só poderán rematar presencialmente as ensinanzas que cambian a distancia quen este ano curse ciclos ordinarios, pero non así modular, e insistiu en que esta transformación vén motivada “pola petición dos centros, a baixa matrícula e o abandono do alumnado”. Segundo un estudo comparativo feito polo sindicato das dúas ofertas, o número de prazas en ciclos ordinarios descende en 624 e en modular presencial en 1199. Pola contra, sobe en 2.327 prazas na oferta dual e en 3.050 na modalidade online.
A CIG-Ensino solicitou explicacións sobre como se están gastando os 900 millóns de euros da Estratexia Galega de FP previstos desde 2022 a 2024 e alertou de que se están desviando tanto a centros privados como a unha expansión da dual que, nalgúns casos, chega a impartirse case integramente nas instalacións das empresas.
A directora xeral non negou estas cifras indicando que “a Consellaría considera a oferta dual presencial e prioritaria e quese se incrementa ostensibelmente non se pode falar de redución da presencialidade”, á vez que insistiu en que non recibiron escritos por parte dos centros en contra dos cambios á modalidade online.
A única rectificación neste sentido foi deixar a decisión do profesorado que, segundo ela, “descoñece a normativa”que, se hai acordo co alumnado, a oferta a distancia pode impartirse 100% presencialmente. A CIG-Ensino considera esta proposta “totalmente inviábel” porque non é posíbel atender presencialmente a unha matrícula de 50 persoas, que é a que teñen os ciclos a distancia, nin existe espazo físico nos centros, e anima a seguir enviando por escrito as queixas e demandas á Dirección Xeral e a mobilizarse para manter a oferta modular presencial.
RELACIÓN DE CENTROS AFECTADOS POLA CONVERSIÓN DE OFERTA PRESENCIAL EN DISTANCIA
PROVINCIA
CONCELLO
CENTRO
RECORTES E CAMBIOS IMPOSTOS
A CORUÑA
A CORUÑA
CIFP ÁNXEL CASAL
A oferta modular presencial de Mediación Comunicativa, Integración Social e Educación Infantil pasa a distancia
A CORUÑA
A CORUÑA
IES FERNANDO WIRTZ
A oferta modular presencial pasa a distancia: un ciclo de Xestión administrativa, 1 de Administración de sistemas informáticos, un de Desenvolvemento de aplicacións web e 1 de Administración e finanzas
A CORUÑA
A CORUÑA
CIFP PASEO DAS PONTES
A oferta modular presencial do CS de Patronaxe e Moda pasa a distancia.
A CORUÑA
A CORUÑA
IES URBANO LUGRÍS
A oferta modular presencial pasa a distancia: dous grupos de Instalacións de telecomunicación e un de mantemento electrónico
A CORUÑA
FERROL
CIFP LEIXA
A oferta presencial de Igualdade pasa a distancia. Xunto coa eliminación do mesmo ciclo en Pontevedra (A Xunqueira) non se poderá cursar presencialmente en Galiza ciclo de superior de igualdade de xénero.
A CORUÑA
FERROL
CIFP RODOLFO UCHA
Toda a oferta modular pasa a distancia
A CORUÑA
SANTIAGO
CIFP COMPOSTELA
A oferta modular presencial de Infantil pasa a distancia
A CORUÑA
SANTIAGO
CIFP POLITÉCNICO
A oferta ordinaria presencial pasa a distancia: Curso Especialización en Ciberseguridade
A CORUÑA
SANTIAGO
IES AS FONTIÑAS
A oferta modular presencial pasa a distancia: dous ciclos, Xestión Administrativa e Administración e Finanzas
A CORUÑA
SANTIAGO
IES SAN CLEMENTE
Toda a oferta modular pasa a distancia
LUGO
LUGO
IES MURALLA ROMANA
Suprimen a modalidade presencial de ciclo superior de Administración e Finanzas
OURENSE
OURENSE
CIFP A FARIXA
A oferta ordinaria presencial pasa a distancia: un grupo de axencias de viaxes e guías de viaxe
PONTEVEDRA
MARÍN
IES CHAN DO MONTE
A oferta ordinaria presencial (que o centro solicitara que pasase a modular) pasa a distancia: Desenvolvemento de aplicacións multimedia
PONTEVEDRA
NIGRÁN
IES ESCOLAS PROVAL
A oferta modular presencial de Electrónica pasa a distancia
PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
CIFP A XUNQUEIRA
Suprimen un ciclo de FP básica, un ciclo superior de integración social de ordinario diúrno pasa a distancia e o ciclo de superior de igualdade de xénero ordinario pasa a distancia con oferta parcial. Peche de 6 aulas.
PONTEVEDRA
PONTEVEDRA
IES LUÍS SEOANE
A oferta modular presencial de Xestión Administrativa pasa a distancia.
PONTEVEDRA
REDONDELA
IES CHAPELA
A oferta modular presencial de Infantil pasa a distancia
A oferta modular presencial de Dietética pasa a distancia
PONTEVEDRA
VIGO
IES A GUÍA
A oferta modular presencial de Transporte e loxística pasa a distancia
Eliminan a oferta presencial de Comercio
PONTEVEDRA
VIGO
IES POLITÉCNICO
A oferta modular presencial de Obra Civil pasa a distancia.
PONTEVEDRA
VIGO
IES RICARDO MELLA
A oferta modular presencial de Xestión Administrativa pasa a distancia.
PONTEVEDRA
VIGO
IES TEIS
A oferta modular presencial de Informática pasa a distancia.
PONTEVEDRA
VILAGARCÍA
IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR
A oferta modular modular pasan a distancia: Administración de sistemas informáticos e Desenvolvemento de páxinas web