A CIG-Ensino denuncia atrasos sistemáticos no pago de trienios e sexenios do persoal docente da consellaría

Nalgúns casos o atraso na actualización destes pagos supera os seis meses
Nacional - 02 Feb 2024

A CIG-Ensino vén de denunciar que os atrasos na actualización dos trienios e sexenios leva consigo que non fagan efectivos os pagos que corresponde ao persoal funcionario ou interino até pasados máis de seis meses da data de perfeccionamento.

A regularización dos trienios depende só da antigüidade como persoal docente  -tres anos-, mentres que para os sexenios ten que cumprirse o requisito de 100 horas de formación no período de seis anos, mais o pagamento faise igualmente de oficio.

Ambos pagamentos afectan por igual a funcionariado de carreira e profesorado interino, logo das sentenzas gañadas pola CIG-Ensino polas que se atendeu a demanda do sindicato de que non se discriminase ao persoal temporal.

Por iso exixe á Consellaría de Educación que tome as medidas necesarias para que se regularice o pago dos atrasos indebidos de trienios e sexenios.