A CIG-Ensino denuncia que hai profesorado que non cobrou o 100% da paga extra

Exixe que se subsanen os erros detectados nos pagos ao funcionariado en prácticas
Nacional - 30 Xun 2017

En contra do que afirma algún medio de comunicación e mesmo a propia Xunta, a CIG-Ensino denuncia que “non é certo que esteamos recuperando a paga extra íntegra xa que hai unha parte dependente do Estado (soldo, trienios) que aínda seguimos tendo recortada na paga extra”.

Indica que, en concreto, tal e como se pode comprobar na nómina, hai unha diferenza que vai desde os 262,19€ dun mestre ou mestra de primaria aos 428,94€ dun profesor ou profesora de secundaria entre o que cobramos e o que implicaría recuperar totalmente o  100% da paga extra.

Asegura que estes recortes aplícaos o Estado no Salario Base das pagas extra, anuncia que seguirá exixindo íntegra desas contías.

Erros nas contías das pagas extras

Nestas mesmas pagas extras, aínda incompletas, a CIG-Ensino ten detectado erros nos pagos do complemento específico ao funcionariado en prácticas, erro que “non podemos garantir que non se estean dando en máis casos”.

O erro, en primaria, supón que ao profesorado en prácticas non se lle compute o complemento específico e só se pague a suma de cargos, sexenios e titorías, mentres que en secundaria hai tamén un erro que polo cálculo incorrecto dun complemento que non corresponde pagar.

Desconto día de folga

No caso do desconto por folga que aparece na nominilla é correcto, xa que agora fan o desconto en dúas partes, na nómina ordinaria e na nómina na que se paga a extra.