A CIG-Ensino exíxelle a Consellaría que publique as listas das persoas admitidas nas oposicións

Considera que non ten xustificación que as/os aspirantes descoñezan se foron aceptadas/os

Nacional -

A Consellaría de Educación continua sen publicar a relación de persoas admitidas e excluídas nas oposicións de ensino, cando só falta 23 días para que comecen as probas, e aínda  falta menos tempo para que se realicen as probas específicas de coñecemento de galego e de castelán. Por iso, a CIG-Ensino exixe que a Consellaría de Educación publique de xeito inmediato as listas coas persoas admitidas e excluídos.

A CIG-Ensino entende que non ten xustificación que a estas alturas a Consellaría de Educación non teña publicado a relación das persoas admitidas e excluídas, cando si se apresurou a publicar unha nota de prensa con número de matriculados e sen embargo os propios afectados non saben se a súa matrícula foi aceptada ou non.

Tribunais

Así mesmo demanda que unha vez feito o sorteo dos tribunais se conformen canto antes, xa que mentres non se nomeen os presidentes non se sabe onde actuar e o profesorado non sabe a onde se vai ter que desprazar para facer as probas o que mesmo pode ocasionar  problemas de hospedaxe.

Ademais as persoas que saíron escollidas no sorteo dos tribunais e que teñen causa xustificada para renunciar, ao non estar conformados aínda, tampouco saben se a súa solicitude vai ser aceptada ou non.

Volver