A CIG gaña as eleccións en Gas Natural Fenosa

A central acadou 30 delegados/as, o 44,25% do total a escoller

Nacional -

Rematado o proceso de eleccións sindicais en Gas Natural Fenosa, confírmase que a CIG gañou unha vez máis tanto en número de delegados como en porcentaxe de representación. A central sindical acadou un total de 30 delegados/as, que representan o 44,25%, moi por riba do resto das centrais sindicais.

Diante deste resultado a seccións sindical de Gas Natural Fenosa quere agradecer a confianza depositada polos traballadores e traballadoras na CIG. Neste sentido, o seu secretario, Bautista Vega, sinala que “isto anima a seguir traballando como até o de agora polos intereses de todas e todos, ao tempo que supón un recoñecemento ao labor desenvolvido pola central sindical nos últimos anos”.

Vega salienta ademais que estes resultados “permiten á CIG manter a representación na negociación colectiva, así como en todas as mesas de representación sindical tanto en Galiza como a nivel estatal”.

Así as cousas, os resultados son os seguintes:

 

CIG

UGT

USO

CCOO

SIE

TOTAL

DELEGADOS/AS

30

13

13

8

6

70

Volver