A CIG-Industria logra os cinco delegados/as que se escollían no comité da empresa ourensá Egatel

A central revalidou a súa hexemonía na firma que fabrica componenetes para as telecomunicacións
Vigo - 22 Set 2016
A federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG) revalidou a súa hexemonía na empresa ourensá Egatel, dedicada á fabricación de componenetes para o sector das telecomunicacións, ao obter os cinco delegados/as que se escollían no comité.

Unha vez rematado o proceso de eleccións sindicais que tivo lugar este xoves 21 de setembro, a CIG-Industria é a única central con representación na compañía situada no Parque Tecnolóxico de Galiza.

A CIG obtivo de novo, ao igual que no ano 2012, a totalidade dos delegados/as do comité. Dende a federación de Industria valoran moi positivamente o resultado, xa que amosa o amplo respaldo dos traballadores/as ao proxecto sindical que representa a central nacionalista.