A CIG logra a delegada de persoal que se escollía na empresa Dentix de Vigo

A central gañou as eleccións sindicais ao obter 9 dos 13 votos
Vigo - 13 Ago 2018

A federación de Saúde da CIG de Vigo logrou a delegada de persoal que se escollía na empresa Dentix da Porta do Sol. A central gañou o proceso de eleccións sindicais que tivo lugar este venres ao obter 9 dos 13 votos emitidos.

A CIG-Saúde de Vigo vén de gañar as eleccións sindicais celebradas na clínica odontolóxica Dentix, situada na Porta do Sol, ao facerse coa única delegada de persoal que se escollía.

A central obtivo un total de 9 dos 13 votos emitidos, mentres que CCOO sumou 4. O censo estaba formado por un total de 15 traballadores/as.

Dende a federación agradecen o apoio recibido por parte do cadro de persoal e sosteñen que centrarán os seus esforzos na defensa dos dereitos do conxunto dos empregados/as e na mellora das súas condicións laborais.