A CIG participa como convidada no XVII Congreso da Federación Sindical Mundial

Celebrouse entre os días 5 e 8 de outubro en Durban, Sudáfrica

Durban -

Máis de 1.200 persoas, entre delegados/as e observadores/as de 11 países de todos os continentes, asistiron ao XVII Congreso da Federación Sindical Mundial (FSM), celebrado entre os días 5 e 8 de outubro en Durban, Sudáfrica, baixo o lema “Loita-Internacionalismo-Unidade”.

Durante o Congreso houbo máis de cen intervencións de delegados/as, aprobouse o Informe de Acción 2011-2016 e elexíronse o novo Consello Presidencial, o seu Presidente, Mzwandile Makwayiba do COSATU, e o Secretario Xeral, posto no que se ratificou a George Mavrikos.

A maioría das intervencións, tanto desde a Mesa Presidencial, como por parte de delegados/as, denunciaron o contexto actual, caracterizado polas agresivas posicións das forzas da dereita e o capital transnacional, lideradas polo imperialismo dos EEUU, e as sistemáticas violacións dos dereitos laborais.

Esa realidade, e o imperante neoliberalismo instalado na orde económica internacional, lévannos a uns níveis alarmantes de pobreza, desigualdades sociais, crises humanitaris, panoramas dramáticos coa migración e sobrexplotación dos recursos naturais en todo o planeta.

Contra esta realidade, propoñen unha articulación cada vez máis unida e eficaz que faga prevalecer a xustiza social. Repetíronse críticas ao modelo sindical que representa a CSI, tachandoo de sindicalismo amarelo, antidemocráticoe colaboracionista, e contra as ONG´s que actúan contra os intereses da clase traballadorae dos pobos. Plantéxanse o obxectivo de chegar ao 18º Congreso con máis de cen organizacións sindicais afiliadas á FSM.

Tamén houbo intervencións institucionais, non só de responsables das organizacións encargadas de desenvolver o evento (Sdumo Dlamini, Presidente de COSATU, e responsables de PAME, ANC, etc.), senón do proprio goberno sudafricano. Interviron o Presidente da República Sudafricana, CaribeJacob Zuma, a Ministra de Traballo, Lloyd Ramutloa e o Ministro de Educación e Secretario Xeral do Partido Comunista de Sudáfrica (SACP), Blade Nzimande.

O Congreso rematou cunha manifestación que partíu desde a sede do Arena, donde se celebraba, ata o Curries Fountain Stadium, lugar onde foi fundado o COSATU, e no que se inaugurou unha placa e clausurouse o Congreso.

A Coruña, 20 de outubro de 2016

Asdo.: Xosé L. Rivera Jácome.

Responsable de Relación Internacionais da CIG

Volver