A CIG participa na 106º Conferencia Internacional da OIT

Desenvólvese en Xenebra entre os días 4 e 16 de xuño

Internacional -

A CIG participa na 106 Conferencia Internacional da Organización Internacional do traballo (OIT) que se celebra desde o día 6 até o 16 de xuño en Xenebra (Suíza), baixo o lema “Construír un futuro con traballo decente”.

O tema central do plenario da Conferencia xirará arredor do centenario do organismo internacional, que cumprirá os 100 anos en 2019, en relación coas mulleres no mundo do traballo e que intentará identificar os obstáculos que impiden avanzar en materia de igualdade de xénero.

Os países que até o de agora están oficialmente na “lista negra” dos 24 examinados pola Comisión en Aplicación de Convenios e Recomendacións son: Malasia, Polonia, Ucraína, O Salvador e Ecuador. Faltan por definir os 19 restantes. 

 

Durante estes días traballarán, de forma simultánea, 4 comisións: a Comisión da Aplicación de Normas, na que está integrada a CIG e que é permanente, e 3 comisións técnicas: Comisión sobre Migración Laboral, Comisión sobre Emprego e Traballo Decente para a paz e a resiliencia, e Comisión sobre Discusión recorrente sobre os principios e dereitos fundamentais no traballo. Xunto a isto, haberá un debate sobre a derrogación dos Convenios 4, 15, 28, 41, 60 e 67.

Segundo informa Xosé Lois Rivera Jácome, responsábel de Internacional da CIG, a xornada de apertura desenvolveuse en termos semellantes aos do ano pasado, cunha intervención final do presidnete de Uruguai, Tabaré Vázquez.

Unha xornada protocolaria na que se elixiron as distintas responsabilidades de cada grupo: gobernos, empregadores/as e traballadores/as, así como das diferentes Comisións de traballo.

Volver