A CIG participará nun debate sobre as pensións organizado polo xornal A Nova Peneira

Este venres 21 no Centro Cívico do Porriño ás 20.00 horas
Vigo - 20 Abr 2017

A CIG estará presente no debate organizado polo xornal A Nova Peneira no Centro Cívico do Porriño (rúa Domingo Bueno, 11) este venres 21 ás 20.00 horas baixo o título 'Estado e futuro das pensións desde unha perspectiva sindical'.

O encargado de representar a central será Luis Burgos, integrante do Gabinete Técnico Confederal, que estará acompañado por membros da CUT, CCOO e UGT, mentres que a moderación do encontro correrá a cargo de Tino Lago, director do xornal.