A CIG participa nunha homenaxe a Rafa Díez en Euskal Herria

No acto, organizado por LAB, manifestouse o apoio ao proceso de independencia de Catalunya
Internacional - 09 Out 2017

A CIG participou o pasado xoves, día 5 de outubro, na homenaxe a Rafa Díez organizada polo sindicato de Euskal Herria LAB, logo súa saída do cárcere de Santoña o pasado día 17 de agosto. Un acto no que interviron  Ainhoa Etxaide, anterior Secretaría Xeral, Garbiñe Aramburu, actual Secretaría Xeral e o proprio Rafa Diez Usabiaga.

En representación da CIG asistiu o responsábel de Internacional, Xosé Lois Rivera, quen sinala que o acto consistíu nunha asemblea, que se desenvolveu no frontón de Anoeta, en Donosti, á que asistiron máis de mil delegados/as, os órganos de Dirección de LAB e algunhas representacions de outras organizacións sindicais do estado é de Francia.

Na súa intervención Garbiñe Aramburu defendeu a confrontación democrática, para pór en marcha un proceso cara á soberanía unilateral en Euskal Herria; acusou ao PP de actuar como un partido fóra da democracia, ao PNV de seguirlle o xogo, na defensa dun modelo neoliberal que ambos coinciden en defender, e facelo máis cómodo dentro do marco estatal.

Tanto á Secretaría Xeral, como Rafa Diez, destacaron nas súas intevencións que desde o pasado día 1 de outubro “nada será igual” e defenderon a lexitimidade dos resultados da consulta, para seguir avanzando no proceso soberanista catalán.

Este proceso marcou os discursos, coincidindo co despregue no pavillón dunha grande estelada sobre as cabezas dos/as asistentes. Así, denunciaron o réxime do 78, como herdeiro do franquismo e á PP, PSOE e Cidadans como os principales valedores que non dubidan en usar á violencia para mantelo. "Dicían que Franco deixóu todo atado e ben atado, pero o réxime do 78 tambalearse", dixo Garmiñe, quen denunciou tamén a "declaración de guerra" feita polo Rei Felipe VI.

Xunto a isto sinalaron o camiño que Cataluña xa emprendeu cara a súa independencia unilateral de España e aseguraron que debe comezar tamén en Euskal Herrira, xa que aquí nunca se vai poder levar a cabo un proceso como o de Escocia ou Quebec, polo que non queda outra que ir á unha proclamación unilateral da independencia.

O acto rematou cunha manifestación na que participaron as persoas asistentes, que rematou diante da sede do PP.