A CIG renova e aumenta a maioría absoluta nas eleccións sindicais de Celsa Atlantic

A central logrou 6 dos/as 9 representantes que se elixían
A Coruña - 19 Out 2016
A CIG vén de gañar por maioría absoluta as eleccións sindicais celebradas este martes na fábrica que Celsa Atlantic ten na Laracha a obter 6 dos/as 9 representantes que se elixían, incrementando deste xeito en un o número de delegados/as que tiña na empresa. Estes resultados confirman o respaldo do cadro de persoal á liña de acción sindical desenvolvida pola central nacionalista nos últimos catro anos.