A CIG vén de revalidar a maioría absoluta que ostenta desde hai xa 12 anos no comité de empresa do centro de traballo que Leche Celta SLU ten en Pontedeume. Nas eleccións celebradas este xoves a central obtivo 7 dos/as 9 delegados/as que se elixían, mentres que a UGT tivo 2 representantes.
Os resultados das votacións son os que seguen:
| |
CIG
|
UGT
|
|
Colexio
|
Votos
|
Delegadas/os
|
Votos
|
Delegadas/os
|
|
Técnicos/as e Administrativos/as
|
40
|
3
|
-
|
-
|
|
Especialistas e non cualificados/as
|
67
|
4
|
27
|
2
|
|
Total
|
107
|
7
|
27
|
2
|
Compromiso na mellora das condicións laborais
O apoio da cadro de persoal ao labor do comité e da representación da CIG nestes anos foi pois masivo, referendando a súa actuación asemblearia e fondamente comprometida coa mellora das condicións de traballo. Compromiso que, destacan dende a FGAMT-CIG de Ferrol, sumado á unidade do persoal permitiu o asinamento dun convenio de centro de traballo a finais do ano 2017 "que rachou co pobre convenio estatal de Industrias Lácteas e colocou a este centro de traballo na cabeza das empresas do sector a nivel de condicións laborais".
A representación da CIG no comité quere agradecer publicamente o apoio da inmensa maioría das compañeiras e compañeiros e reafirma o compromiso "a traballar incansabelmente por continuar mellorando as condicións laborais, como vén sendo habitual, desde unha posición reivindicativa e participativa".