A CIG suma apoios de organizacións sindicais internacionais ao Manifesto en solidariedade cos 19 de Meirás

Chama a asinar o Manifesto en defensa da democracia, a liberdade, a xustiza e a dignidade colectiva

Nacional -

O 30 de agosto de 2017 un grupo de persoas, galegas e galegos demócratas, militantes nacionalistas, sindicalistas, activistas sociais, culturais ou da memoria, entre os que se atopaban compañeiros da CIG como Suso Seixo, Ramiro Obubiña, Anxo Louzao, Armando Carril, Oscar Calvo ou Mario Maceiras, participaron nunha acción pacífica e simbólica, consistente en despregar dúas faixas no pazo de Meirás, co obxectivo de reclamar a intervención dos poderes públicos para que o patrimonio usurpado após o golpe de estado fascista polo ditador Francisco Franco sexa recuperado para o pobo galego.

Como consecuencia desa acción 19 persoas foron denunciadas pola Fundación Nacional Francisco Franco, Carmen Franco Polo e José Cristóbal Martínez-Bordiu Franco, neto do ditador. Os delitos de que son acusados implican penas que suman, no mínimo, 3 anos e 6 meses e poderían chegar até os 13 anos de prisión para cada unha das persoas denunciadas, para alén de multa nunha cantidade indeterminada. Estamos a falar de que, para todas elas, poderían sumar até 247 anos de prisión e por volta de medio millón de euros de multa.

A raíz desta denuncia púxose en marcha unha campaña de recollida de apoios en solidariedade cos 19 de Meirás entre cuxos promotores está o propio secretario xeral da CIG, Paulo Carril. Por iso a CIG chama a asinar o Manifesto e xa sumou apoios de diversas organizacións sindicais internacionais entre as que están:

Confederaçao Geral de Sindicatos Independentes (CGSI-GB) - Guinea Bissau

Coordinadora Obrera Sindical (COS)PaïsosCatalans

Intersindical – CSC -Catalunya.

Intersindical Valenciana - Valencia

CTA de losTrabajadores/as – Arxentina

CTA-A Central de Traballadores da Arxentina, Autónoma.

Confederación de los Trabajadores de la Educación de la RepublicaArgentina (CTERA) – Arxentina.

FISYP, Fundación de InvestigacionesSociales y Políticas, PAÍS -Argentina

CUT– Colombia

ELA –Euskal Herria

LAB –Euskal Herria

ESK –Euskal Herria

Steilas –Euskal Herria

Federação Nacional de Sindicatos de Trabalhadores da Funçáo Pública e Social- Portugal.

Federación Sindical Mundial - FSM

Frente Sindical Obrero- Canarias.

UITBB - Internacional Sindical da Construcción e Materiais Industriais

Unión de TrabalhadoresCañeros - (UTC)

PANCYPRIAN FEDERATION OF LABOUR (PEO)- Chipre

CGTP-IN - Portugal

VOST- Ucraína

Volver