A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" na defensa dos dereitos e liberdades civís

Promovida por diferentes organizacións sociais
Nacional - 15 Xan 2019

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por diferentes organizacións sociais na defensa dos dereitos e as liberdades civís e contra a represión que se está exercendo contra dereitos fundamentais no Estado Español, tanto polas institucións políticas como xudiciais.

Con esta campaña quérese pór de manifesto, a través da denuncia de diversos casos, que a falta de liberdade de expresión, os ataques á liberdade de información, o dereito de reunión, a persecución de ideas ou a censura son algunhas das regresións de dereitos civís e políticos que estamos vivindo en pleno século XXI.

Búscase así espertas conciencias porque "cada vez que se esmaga un dereito, a democracia debilítase e ábrese á porta á vulneración de máis dereitos".

Máis información e materiais, nesta ligazón: https://demapotssertu.org/index-es.html