A convocatoria de folga en Citroën contra a suba dos ritmos de traballo segue adiante tras rexeitar a dirección a mediación do AGA

As centrais promotoras lembran que as contratacións feitas pola empresa foron para substituír persoal
Vigo - 11 Xul 2017

A CIG, CUT e CCOO seguen adiante coa convocatoria de folga na factoría de Citroën en Vigo deste sábado 15 despois de que a dirección rexeitase a mediación do AGA no conflito laboral derivado do incremento dos ritmos de traballo, mediación aceptada por todos os sindicatos con representación na empresa. As centrais promotoras lembran que as últimas contratacións feitas na compañía de automoción foron para substituír persoal, xa que non se creou ningún posto de traballo novo na liña de montaxe.

 

>>NOVA RELACIONADA: A CIG, CUT e CCOO convocan folga en Citroën contra suba ritmos traballo