A Inspección de Traballo esíxelle a Frigolouro que convirta os autónomos/as de Servicarne en persoal propio

A decisión chega tras as máis de 80 denuncias presentadas pola CIG diante da autoridade laboral

O Porriño -

A Inspección de Traballo vén de comunicarlle ao comité de empresa de Frigolouro -centro de produción de porcino do grupo Coren con sede no Porriño- que xa lle trasladou á dirección da compañía que ten que converter todos/as os falsos/as autónomos/as dependentes da cooperativa Servicarne en persoal fixo antes do vindeiro mes de novembro.

A decisión, que afectará a uns 250 empregados/as só en Frigolouro, chega despois de que a CIG presentase máis de 80 denuncias diante da autoridade laboral por incumprimentos detectados nas provincias nas que a compañía ten centros de traballo (Pontevedra, Ourense e Lugo).

Representantes da FGAMT-CIG e delegados/as da central no comité de Frigolouro comparecerán en rolda de prensa este xoves 15 no local da CIG de Vigo ás 11:30 horas para ofrecer máis detalles e valorar a resolución da Inspección de Traballo.

Volver