"A nosa paciencia está colmada"

- 16 Mar 2017

"A nosa paciencia está colmada". Así se expresou Alberte Gonçalves, secretario comarcal da CIG en Vigo ao remate dunha nova concentración en prol do indulto a Carlos e Serafín, na que anunciou que as tres centrais pedirán unha xuntanza urxente coa subdelegación do Goberno para insistiren na necesidade de que esta medida se aplique canto antes.

Os dous traballadores levan tres anos agardando a resolución da solicitude dun segundo indulto para non ingresaren en prisión. "Un ensañamento cruel e innecesario" por teren defendido melloras laborais, ao tempo que os corruptos e responsábeis da crise continúan en liberdade.

Para rematar, Gonçalves sinalou que o auténtico culpábel da situación, o PP, ten moi doado rematar con esta situación: "Só ten que tomar un sinxelo acordo, concedendo sen máis demoras o indulto a Carlos e Serafín".