A Sección Sindical da CIG desmente que o conflito en Tecnocom estea solucionado

Diante das informacións trasladadas pola empresa aos medios de comunicaciön

A Coruña -

Fronte ás afirmacións que a empresa Tecnocom remitiu este xoves aos medios de comunicación asegurando que o conflito xa estaba solucionado, a Sección Sindical da CIG lembra que aínda quedan pendentes de negociar co persol toda unha serie de importantes cuestións que impiden de momento resolver o conflito.

A seguir reproducimos o comunicado da Sección Sindical da CIG:

En resposta á nota de prensa remitida por Tecnocom S.A., a Sección Sindical CIG fai as seguintes aclaracións:

1. Tecnocom remitiu no día de hoxe un comunicado aos traballadores/as adscritos/as ao Servicio de Atención a Usuarios/as e Sistemas de Información do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) afectados/as polo conflito colectivo e así como á representación legal do persoal. Dito comunicado expón que "deixa sen efecto e de forma definitiva a aplicación dos cambios de quendas".

2. Non obstante, a Sección Sindical CIG comunica que quedan pendentes de negociar cos traballadores/as e a representación legal dos mesmos, os seguintes puntos:

• Que as modificacións das quendas se levarán a cabo de mutuo acordo cos traballadores e traballadoras e a representación legal e non se imporá, de forma unilateral, pola patronal.

•Que o plus que o persoal viña percibindo con anterioridade á presentación da demanda de conflito colectivo, denominado como 'Disponibilidad' e que durante o conflito foi modificado unilateralmente pola Dirección pasando a denominarse 'Gratificación', sexa definido finalmente como 'Turnicidad'. • Que as cantidades devindicadas e deixadas de percibir polos traballadores/as debido á modificación unilateral das quendas durante o mes de xuño deberán ser compensadas.

• Que se compensarán aos traballadores, a razón de 1,75 (días) os festivos e domingos traballados e 2,5 (días) os festivos especiais. A tipificación destes días figura recollida no vixente Convenio Colectivo de Tecnocom.

• Estas condicións serán melloradas se, no Convenio Colectivo anteriormente mencionado, se acordaran criterios máis beneficiosos para os traballadores.

Dito isto, aínda queda lonxe a resolución do conflito. Unha resolución que ten que pasar polo acordo de todos os puntos anteriormente mencionados. Isto permitiría a desconvocatoria das vindeiras xornadas de folga previstas e desistir das demandas xudiciais presentadas en relación coas mesmas.

Volver