A solidariedade con Carlos e Serafín non se detén

Nova mobilización este xoves a prol do indulto para os dous traballadores

Vigo -

Vigo acollerá este xoves día 5 unha nova mobilización solidaria con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores/as condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete durante a folga provincial do transporte en 2008. As tres centrais convocantes -CIG, CCOO e UGT- fan un chamamento a participar na concentración que terá lugar diante do Marco a partir das 20:00 horas para reclamarlle ao Goberno que lles conceda un indulto que evite a súa entrada na cadea.

Volver