A solidariedade con Carlos e Serafín non se detén

Ducias de solidarios volven mobilizarse en Vigo para reclamar o indulto aos dous traballadores
Vigo - 12 Mai 2017

“Carlos, Serafín, indulto xa” e “Non son corruptos, son traballadores” foron de novo os berros que máis se escoitaron na mobilización convocada polas centrais CIG, CCOO e UGT este xoves en Vigo para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008.

Sindicatos, partidos políticos, colectivos sociais, institucións e cidadanía en xeral veñen solicitándolle ao Goberno español dende hai máis de tres anos que lles conceda unha medida de graza que evita a súa entrada en prisión.