Acampada na Autoridade Portuaria pola devolución gratuíta dos peiraos

A Coruña - 21 Abr 2017

Arredor de 20 tendas están listas diante da Autoridade Portuaria da Coruña para a acampada que, entre hoxe e mañá, realiza a Comisión Aberta pola Defensa do Común (da que a CIG forma parte) para esixir a devolución gratuíta dos terreos da Solana e o Hotel Finisterre, todos os peiraos, o cárcere e os terreos do campo da Estrada. Baixo o lema "A Coruña non se vende", reclaman recuperar para o pobo o que historicamente é da cidade.

Durante o tempo que dure a acampada vanse realizar distintas actividades como actuacións musicais, recitais poéticos, roteiros informativos, etc. Por iso, dende a CIG animase a toda a ciudadanía a que se acheguen até a explanada da Autoridades Portuaria.

Esta iniciativa forma parte das accións que a Comisión está a desenvolver para chamar á participación na manifestación do vindeiro 7 de maio, ás 12h dende a Palloza.