Acto aberto en Ferrol sobre tarifa eléctrica e dereito á enerxía

O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG vai celebrar o vindeiro mércores 29 de novembro, ás 19:00, no Centro Cultural Calvalho Calero de Ferrol, un acto aberto no que se falará sobre a tarifa eléctrica, a interpretación das facturas, solucións de aforro, protección ás persoas xubiladas, bono social e todos aqueles aspectos que rodean o mercado eléctrico e que afectan a un servizo tan básico e esencial como é o da electricidade. No acto intervirán Xosé Manuel Golpe Acuña, consultor enerxético, e Fernando Branco Parga, secretario de Enerxía de Federación de Industria da CIG.

Volver