Acto público en Ferrol sobre as pensións

Ferrol - 25 Xan 2017

A CIG de Ferrol ten organizado para este xoves, 26 de xaneiro, un acto público sobre os principais retos aos que se enfronta o sistema público de pensións ante a ofensiva da dereita e do capital, no que intervirá Lois Burgos, membro do Consello Económico e Social do Estado. A charla terá lugar ás 19:00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero e enmárcase nas accións que a central desenvolve co gallo da campaña pola recuperación dos dereitos laborais e sociais. Nesta campaña tamén se insire a manifestación nacional convocada pola CIG para o próximo sábado 28 en Compostela, en defensa das pensións.