As centrais desmárcanse das filtracións sobre o convenio de comercio de alimentación de Pontevedra

Indican que a oferta final da patronal, formulada hoxe, será sometida ás asembleas do domingo
Pontevedra (provincia) - 01 Dec 2016

CIG, UGT, CCOO e USO, a través da súa representación na mesa de negociación, veñen de desmarcarse das recentes informacións aparecidas na prensa no tocante ao convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra, atribuíndoas a unha filtración.

Deste xeito, alén de indicar que son as únicas voces sindicais facultadas para realizar as pertinentes comunicacións sobre as negociacións do convenio ou sobre as mediacións efectuadas polo AGA, aseguran que “non entrarán a valorar as diferentes informacións realizadas por persoas non autorizadas”.

Engaden tamén que a oferta final da patronal foi realizada na xornada de hoxe en compaña da mediación, e que será esta a que se debaterá nas asembleas do domingo día 4 ás 11:30 da mañá tanto nos locais da CIG de Vigo como no edificio sindical de Pontevedra. “Só e exclusivamente se a asemblea acepta este preacordo se desconvocaría a folga dos días 5 e 7 de decembro”, rematan.