“As desigualdades na saúde e no traballo: determinantes sociais” a análise no novo número do Boletín de Saúde Laboral

Dedica a portada á enquisa sobre os riscos novos e emerxentes nas empresas europeas, ESENER-2, que pon en cuestión pola metodoloxía empregada

Compostela -

“Os tipos de emprego, as condicións de traballo e o propio desemprego teñen unha implicación directa sobre a saúde dos/as traballadores/as afectados/as, así como no desenvolvemento das desigualdades asociadas á clase social ou ao xénero”. Esta cuestión é analizada de forma demorada no Boletín número 19 que publica o Gabinete Técnico de Saúde Laboral.

Na publicación exponse tamén unha síntese de resultados globais da Enquisa europea ESENER-2 sobre riscos novos e emerxentes. Enquisa coa que se advirte que “estamos en franco desacordo no que atinxe á metodoloxía utilizada, e que, desgraciadamente, consideramos inflúe notablemente na fiabilidade ou marxe de erro dos seus resultados”.

De feito, xa na portada explícase que esta desconfianza fundaméntase por unha banda, na metodoloxía, que considera “inaxeitada”, mais tamén “polo feito constatable de atoparnos perante unha todopoderosa Comisión Europea, de maioría conservadora e marcada ideoloxía neoliberal que, aparte de promover a redución e eliminación sistemática de dereitos, liberdades e benestar social do conxunto da poboación a favor dos grandes poderes económicos, tivo a ben contribuír significativamente a un grave deterioro da situación preventiva e de saúde laboral no conxunto das empresas europeas”.

Ambos os artigos son de grande interese e poden ser consultados no enlace co Boletín que tedes ao pé.

Volver