As IX Asembleas da CIG de Cee e Carballo elixen a Xabier Santos e Martín Caamaño como responsábeis locais
No proceso tamén se renovaron as Executivas Locais e se aprobaron os informes de xestión
Carballo/Cee - 25 Mai 2026
O sábado 23 de maio, dentro do proceso de renovación de órganos iniciado no noveno congreso confederal, desenvolvéronse as asembleas das Unións Locais da CIG de Cee e Carballo, nas que resultaron reelixidos Xabier Santos Canosa e Martín Caamaño Santamaría como responsábeis locais.
Durante os procesos, aos que se presentaron cadansúa candidatura unitaria, tamén se renovaron as Executivas Locais e debatéronse e aprobáronse os informes de xestión, nos que se fai un repaso da acción sindical desenvolta nos últimos catro anos e se avanzan as liñas de traballo para o vindeiro período. Ambas Unións Locais forman parte da estrutura territorial da Unión Comarcal da CIG da Coruña.
Composición da nova Executiva da CIG de Carballo
Deste xeito, a nova Executiva da Unión Local da CIG de Carballo queda conformada polas seguintes persoas:
- Martín Caamaño Santamariña
- Ana Suárez Alonso
- Agustín Méndez Loureiro
- Amaya Parga Fraga
- Martín Pérez Abelenda
Composición da nova Executiva da CIG de Cee
Pola súa banda, as persoas que integran a nova Executiva da Unión Local da CIG de Cee son:
- Xabier Santos Canosa
- Ana Belén Lestón Gallardo
- Alfonso Mouzo Trillo
- Socorro González Otero
- Xosé Lois Lado Martínez